https://docs.google.com/open?id=0BwmVcfDdsCAYdnBWdTVnbVVNak0

Roxos,  outubro de 2012

Ola nenos e nenas !

Diríxome a vós para pedirvos un favor: necesito que me axudedes a dar a coñecer a tod@s onde está a nova biblio. É como podedes facelo?......

Moi sinxelo:

INVENTANDO ALGÚN  "SLOGAN" 
QUE ANIME AOS NENOS E NENAS
DO COLE A VIR Á NOVA BIBLIOTECA.

ANÍMADEVOS E PARTICIPADE!
                                                                                                                                                                                                                Lermiño

 
 
 
 
QUE BEN QUE ESTADES DE NOVO NO COLE. BOTÁBAVOS TANTO DE MENOS!
ESTE ANO ESTOU NOUTRA AULA: MÁIS GRANDE,  MÁIS LUMINOSA AÍNDA QUE NON VEXO O XARDÍN E ISO DAME ALGO DE PENA.
PERO VÓS COÑECEDES A MANEIRA DE ME POÑA MOI, MOI CONTENTO:
QUE VEÑADES A VERME TODOS OS DÍAS COMO FACIADES OS OUTROS ANOS.
 
ESPÉROVOS A TOD@S
NAS HORAS DO RECREO
OU CANDO VAIDADES COS VOSOS MESTR@S! 

COLABORADOR@S 2011-2012

MOITAS GRAZAS POR PASAR ALGÚNS DOS VOSOS RECREOS COLABORANDO NAS TAREFAS DA BIBLIOTECA

OS LIBROS QUE NOS GUSTAN

Para moitos nenos e nenas do Ceip de Roxos, todo o ano é Día do Libro porque acoden cada semana unha, dúas ou máis veces a recoller libros en préstamo na Biblioteca nas horas do recreo (e na Hora de Leer coa súa titora). E tamén son moit@s @s que disfrutan do seu tempo de recreo lendo o último número das revistas que chegaron (Reportero Doc, Caracola, LeoLeo),  disfrutando coas aventuras dos seus heroes de cómics, encontrando solucións nos libros-xogo.... 
Pero, sin dúbida, os que máis disfrutan dos contos son os nenos e nenas de Infantil cando van  á Biblioteca na Hora de Ler. Grazas a esa interese que souberon despertar nel@s os seus mestres-as e á colaboración dos papás e mamás, fixeron estes fermosos debuxos nos que nos din cal é o seu libro preferido.
https://docs.google.com/presentation/d/1Tx71aDL46wpsnyDUAMMo4e_iZDDH4CmUSuqIpt1w01Y/edit
DIA DO LIBRO 2012 on PhotoPeach
DÍA DO LIBRO 2012 on PhotoPeach

OS LIBROS DE...... (pica enriba do libro se queres saber...)

  

 ESTES SON OS LIBROS QUE "ENGANCHARON" Á LECTURA
A ALGUNHAS  MESTRAS    DO COLE.  CAL É O TEU?
O MEU LIBRO

Con motivo do Día do Libro Infantil e Xuvenil que se celebra o día 2 de abril, propoñémosche:
  • CAL É O LIBRO DO QUE GARDAS UN FERMOSO RECORDO?
  • DEBUXA A SÚA PORTADA NUN FOLIO, OU INSERTA UNHA IMAXE.
  • DEBAIXO ESCRIBE UN PEQUENO TEXTO EXPLICANDO POR QUE ELEXICHES ESE LIBRO.
  • ENTRÉGAO NA BIBLIOTECA ANTES DO 15 DE ABRIL.
Con todos os libros faremos unha exposición e posteriormente un album que pasará a formar parte da nosa biblioteca.

Se queres que apareza neste blog,  remíteo a : http://lermeteca.blogspot.com



21 de MARZO
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
Queremos cubrir as paredes do patio de recreo 
cos poemas que vos seleccionedes.
Só tes que buscar un poema que che guste, 
escribilo nun folio con moi boa letra e
ilustralo cun bonito debuxo.  
NA BIBLIOTECA HAI MOITOS LIBROS DE POESÍA NOS QUE PODES ATOPAR FERMOSOS POEMAS.
LENDO  EN SON DE PAZ

Nesta ligazón podes ver algúns dos libros que tratan valores relacionados coa PAZ
https://picasaweb.google.com/aomoldes/LIBROSPAZ?authuser=0&feat=directlink